A Coordinación de Noites Abertas informa que xa están seleccionadas as 99 actividades diferentes que comporán a programación de Noites Abertas 2017.

Este ano que vén, Noites cumprirá os 18 anos e celebrarémolo cunha ampla programación de actividades. Estade moi atentxs ao pasar o Nadal!

Moitas asociacións culturais, clubes deportivos e colectivos xuvenís, están traballando a reo para preparar as súas actividades que se desenvolverán na nosa cidade de maneira gratuita os venres e sábados do 27 de xaneiro ata o 29 de abril.

Mais un ano agardamos sorprendervos con novidades e sorpresas!

Lembrade que cada ano temos cousas novas porque sodes vós xs que lle dades forma ao programa, sodes vós xs que propoñedes e sodes vós xs responsables de que as Noites sexan Abertas en Pontevedra!

Se tes entre 12 e 30 anos, estate moi atentx á nosa web!!!!

Ata moi, moi, moi pronto!