O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa 18ª edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2017.

PERIODO: do 13 de outubro ao 4 de novembro de 2016
COMO: a través do formulario web que atoparedes en www.noitesabertas.gal

Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins de Noites Abertas. O ano pasado recibíronse 207 propostas das cales seleccionáronse 127 actividades distintas.

Para facilitar información sobre esta convocatoria, Noites Abertas convoca a todas as entidades culturais, asociacións, colectivos, grupos xuvenís e mocidade de Pontevedra interesadas en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, a unha REUNIÓN INFORMATIVA O XOVES 13 DE OUTUBRO ás 19h. no salón de actos do Pazo da Cultura.

Por outra banda, máis un ano, realizaremos reunións informativas co alumnado maior de 16 anos nos centros educativos de Pontevedra para explicar a posibilidade de presentar os vosos propios proxectos.  Estas charlas sucederanse ao longo do mes de outubro, por agora as datas programadas son:> CIFP Carlos Oroza: xoves 13 de outubro ás 9h.,  CIFP A Xunqueira: xoves 13 de outubro ás 11h.  e  IES Xunqueira 2 : mércores 19 de outubro ás 10,30h.
Posteriormente, no mes de novembro a coordinación do programa fará a selección das propostas definitivas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores, para configurar así o calendario definitivo de actividades para 2017 e que se presentará publicamente a finais de xaneiro.

Noites Abertas ofrece ASESORAMENTO para consultas e apoio na elaboración de propostas mediante atención telefónica (só en horario de mañá) ou a través do mail: noitesabertas@pontevedra.gal     Tamén pode concertarse entrevista noutros horarios.

MÁIS INFORMACIÓN:
Programa Noites Abertas – Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra
Casa Azul, rúa Sor Lucía 2, 3º , 36002 Pontevedra
986 840367                        noitesabertas@pontevedra.gal              www.noitesabertas.gal