Inscríbete xa para “Descobre o Teatro por dentro”

0
90

Este venres no Pazo da Cultura temos a actividade Descobre o teatro por dentro, con Ibuprofeno Teatro e previamente á función de “Raclette” de Santiago Cortegoso.

Lembra que para esta actividade hai que inscribirse a través de mail a xuventude@pontevedra.eu ou chamando á Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra 986840367 en horario de mañán.

Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas de 16 a 30 anos. Se estás interesadx e non cumpres este requisito de idade, anotarémoste en listaxe de agarda.

A función de Raclette será a partir das 21h. e require entrada (5€). Máis info: www.salondolibro.org

 

http://ibuprofenoteatro.blogspot.com.es/2016/04/funcions-de-raclette-en-pontevedra.html

Raclette-2016-13

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here