Que tes que saber?

0
95

O QUE TES QUE SABER

De balde: todas as actividades son totalmente gratuitas.

Idades: Todas as actividades van dirixidas a mocidade de entre 12 e 30 anos, agás as que se dirixen a idades concretas. (Click mais información)

PRE-Inscrición: tan só 9 das 96 actividades que hai, requiren inscrición previa. (Click mais información)

Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles. (Click mais información)

Debes levar… roupa cómoda e adecuada á actividade. Fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade. Consulta máis información concreta sobre cada actividade na nosa web.

PRE-Inscrición: tan só 9 das 96 actividades que hai, requiren inscrición previa para o que se abrirá un prazo de PRE-INSCRICIÓN na web noitesabertas.gal tras o cal a coordinación do programa confirmará a inscrición. Estas actividades son:

  • Observación astronómica no observatorio de Cotobade “Tour Messier”
  • Observación astronómica no miradoiro de Augasantas
  • Xogo de Tronos (xogo nocturno de estratexia)
  • Gymkana programable
  • Noite no camposanto: paseo nocturno guiado
  • Rastrexo literario (Salón do Libro)
  • Ruta nocturna en kaiak polo Lérez
  • Escape Book (Salón do Libro)
  • Roteiro polo río Gafos para estudar avelaíñas e outros insectos

Aínda así, o acceso a estas actividades será libre cando chegado o momento da súa celebración, quedaran prazas dispoñibles.

IDADES

Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a idades concretas.:

+14 anos: Esgrima e loita escénica
+15 anos: Teatro creativo feminista
+16 anos: “unha noite no camposanto” paseo nocturno guiado, cultivando a sexualidade, obradoiro de ligue e sedución, cociña e sobremesas veganas, creación de imaxes con haikus, rap freestyle, ioga e meditación, meditación e alquimia taoísta, fútbol flag: diversión para todxs, fútbol gaélico mixto
+18 anos: obradoiro de rastas, ruta nocturna en kaiak polo Lérez, observación astronómica “Tour Messier”

CARNÉ DE SOCIX

Fai o teu carné de socix. Permíteche participar nos sorteos de Noites Abertas.

PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO NO OCIO DE NOITES ABERTAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

En colaboración coa Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, este programa permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades, nas que logo se participa libremente, cada quen en función dos seus intereses e xa sen acompañamento. Persoas interesadas contactar coa asociación: 986 865 538

COMISIÓN DE IGUALDADE

O programa conta con 2 mediadoras en igualdade que colaboran co monitorado do programa para o desenvolvemento non sexista das actividades.