Teatro: PAN! PAN!*

0
44

Data: 27 marzo  Info

Conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Coma nun filme do Far West, amor e vinganza a partes iguais! Unha homenaxe de tres actrices, con moito humor e retranca, a esas películas cheas de homes salvaxes e sucios coas que nós, os nosos pais e avós medraron. 8 personaxes, 5 espazos e toda a banda sonora desta obra creada por só 3 intérpretes. Todo en directo, sen artificios, sen trampa nin cartón!