Select Page

Esta fin de semana comeza unha nova edición de Noites Abertas.  Así o Concello de Pontevedra achega os 100.000€ de custo do programa para ofertar 91 actividades diferentes en 24 xornadas durante 13 fins de semana, dende o venres 27 de xaneiro ata o sábado 29 de abril.

Nesta edición participan 17 asociacións e clubes deportivos realizando 21 actividades; participan tamén 21 empresas pequenas (sobre todo autónomos) que realizan 26 das actividades e prestan 8 servizos. Colectivos informais de mozxs realizan 21 actividades e 23 son realizadas por persoas novas a título individual. En total, serán 91 actividades diferentes, entre as que podemos atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…

Ibuprofeno Teatro e antigxs monitorxs do programa encárganse dende hoxe e ao longo desta semana, de promocionar a nova programación de Noites Abertas, a través de intervencións teatrais e de animación nos diferentes institutos da cidade, así como no campus universitario e nas rúas e prazas da cidade.

Para participar nas actividades só hai que ter entre os 12 e os 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra.  Tan só 10 das 91 actividades diferentes, requiren inscrición previa.

Consulta a programación no apartado calendario.

 

 

Share