Para min, Noites é o mellor que ten Pontevedra xunto coas festas. Unha iniciativa que debería durar todo o ano e facerse en máis cidades pola labor que desempeña, ofrecendo ocio variado a mozos e mozas. Pena que so poidamos desfrutalas ata os 30.

Rita

Un programa dinámico e moi completo que oferta moitísimas actividades. Xs monitorxs son moi profesionais, sempre amables. Sen dúbida unha alternativa xenial a calquera plan típico ou aburrido.

Helena

Unha oportunidade para realizar actividades novas, coñecer moita xente e pasar o tempo libre facendo algo moi interesante.

Rocío

Para min Noites Abertas é un lugar onde poder coñecer xente, perder a vergoña e pasalo moi ben con tantísimas actividades que hai, dende aprender a tocar un instrumento, culturizarse, a sacar o teu lado máis artístico. É un recurso imprescindible xa para a xuventude de Pontevedra.

Uxía

Noites Abertas axuda a levar mellor o inverno, xa que ten unha grande variedade de actividades, ás veces incluso é difícil decidirse por unha se coinciden no mesmo horario. Eu que fun bastantes veces e a actividades de temática moi variada, sempre se creou moi bo ambiente no que coñecer xente como encontrarte con persoas coas que non soes coincidir. Dáme pena que só me queden dous anos para os 30 xa que nestes anos gocei moito. Espero que teña unha longa vida para as seguintes xeracións.

Rita, 28 anos

Para min noites abertas é a mellor escusa para sair cos amighos e estar de risas facendo algho diferente e máis divertido que a rutina de todos os sábados á tarde.

Brais

Para min Noites Abertas, dende fai dous anos, volveuse unha cita obrigada para as fin de semanas. É un espazo de entretemento, desconexión e aprendizaxe, onde vaias individualmente ou acompañadx, sempre rematas cun sorriso.

Carme

Noites abertas é para min unha maneira económica e sinxela de poder participar xunto con persoas que comparten as miñas inquedanzas en obradoiros dos que sempre se aprende algo novo, interesante e pasas un bo rato.

Muller, 30 anos

Para min Noites é un espazo de encontro, de compartir momentos, de diversión; é un cosmos onde podes aprender: receitas, manualidades, pasos de baile, tipos de masaxe,tocar instrumentos, practicar deportes, teatro…mesmo coñecer as estrelas. É un programa que ten cabida para tod@s, se coñecedes algunha persoa que non atope ninguna inquedanza que poida ter, en Noites, avisádeme, porque creo que é imposible

María José

Para min Noites significa ter plan para as noites das fins de semana.

Moza, 14 anos

Son estadounidense; este é o meu segundo ano vivindo en Pontevedra. Estou emocionada por poder asistir outra vez a Noites Abertas, o ano pasado o meu mozo e eu coñecemos a moitxs amigxs novxs , ademais de aprender un pouquiño de meditación e a facer pan!

Emily

Unha oportunidade de intercambiar coñecementos e habilidades. Nun principio, cando estudaba en Pontevedra gustábame aproveitar para divertirme; agora son eu a que me animo a ofrecer unha actividade.

Sandra

Noites abertas e unha oportunidade estupenda para coñecer xente xa que che permite saír da túa zona de confort a través de actividades realmente orixinais.

Martín

É un un orgullo poder ser parte deste evento que fomenta actividades culturais e saudables, dando unha opción diferente nas noites de Pontevedra.

Guido