Select Page

O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa XIX edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2018.

CONVOCATORIA PRESENTACIÓN DE PROXECTOS-PROPOSTAS: do 13 de outubro ao 7 de novembro de 2017 (inclusive)

COMO? a través do formulario web que atoparedes en www.noitesabertas.gal

Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins que persegue Noites Abertas.

O ano pasado recibíronse 178 propostas das cales se seleccionaron 89 proxectos.

Para facilitar información sobre esta convocatoria, a Coordinación de Noites Abertas convoca diferentes reunións:

  • Institutos públicos da nosa cidade: xuntanzas concertadas co alumnado maior de 16 anos do 16 ao 27 de outubro.
  • Reunión pública informativa dirixida a asociacións, colectivos informais, grupos xuvenís e mocidade interesada en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, o luns 16 de outubro ás 19h. no salón de actos do Pazo da Cultura.
  • Universidade de Vigo: xuntanza co alumnado do campus de Pontevedra na Escola de Enxeñaría Forestal o xoves 26 de outubro ás 13h.

Posteriormente, no mes de novembro terá lugar a fase de selección das propostas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores. Deste xeito configurarase o calendario definitivo de actividades para 2018 que se presentará publicamente no mes de xaneiro.

A Coordinación de Noites Abertas ofrece ASESORAMENTO para consultas e apoio na elaboración de propostas  a través do mail: noitesabertas@pontevedra.gal Tamén pode concertarse entrevista noutros horarios.

MÁIS INFORMACIÓN:
Programa Noites Abertas –
Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra
Casa
da Luz, praza da Verdura s/n , 36002 Pontevedra
986 840367
noitesabertas@pontevedra.gal         www.noitesabertas.gal

Horario: de luns a venres de 9,30 a 14h.(do 16 ao 27 de outubro este horario verase modificado debido ás charlas informativas polo que recomendamos enviar un mail ou chamar previamente para concertar cita para orientacións na elaboración de proxectos).

Share