Select Page

Cousas que tes que saber sobre as actividades

De balde: todas as actividades son gratuítas.
Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no número de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.

Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude chamando ao 986 840367 (de luns a venres e de 9 a 14h) ou a través de xuventude@pontevedra.eu . Acceso libre sen inscrición sempre que quedaran prazas dispoñibles. Estas actividades son:

  • Xogo de rol en vigo: “Noite de misterios”
  • Ruta nocturna en kaiak polo río Lérez
  • Paseo interestelar no observatorio de Cotobade
  • Observación astronómica no (Mirador de Augasantas)
  • Noite no camposanto. percorrido histórico-artístico
  • Torneo fútbol sala mixto
  • Gynkana: busca, atopa e salva!
  • V Torneo de Magic: Modern
  • Ruta: Patrimonio material e inmaterial do río Gafos con chocolatada final
  • Ruta polas marismas de Alba: “seguindo os pasos de Xelmírez”
  • Ruta: observación de aves en Lourido
  • Scape Room
  • Descobre o teatro por dentro

Debes levar… fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.

Idades: todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:

  • 14 anos: Speed Dating (+14 anos)
  • 15 anos: Combo de Improvisación, Aikido: convírtete en samurai, Defensa persoal, Esgrima e loita escénica, Violín: iniciación e funcionamento, Youtubers por un día, Cócteles sen alcohol, Smoothies/batidos terapeútico, Frappés de froita, Rap iniciaciónRisoterapia con lingua de signos, Masaxe e automasaxe, O árabe nas túas mans.
  • 16 anos: Crea o teu xogo: O Lobishome, Xogo: O lobishome de PonteNegra, Meditación Taoísta e alquimia, Xogo de rol en vigo: “Noite de misterios”, Ruta nocturna en kaiak polo río Lérez, Meditación, Microteatro nunha mesa (improvisación), Noite no camposanto. percorrido histórico-artístico, Xabón con aceite usado, Cultivando a sexualidade, Masaxe tailandesa, Scape Room, Descobre o teatro por dentro.
  • 18 anos: Rastas, Speed Dating (+18anos), Gato por lebre (postres que xogan cxs comensais), Risoterapia.

Carné de socio(a): fai o teu carné de socia(o). É requisito para entrar nas actividades e permíteche participar nos sorteos de bonos para mercar libros.

Programa de acompañamento no ocio de noites abertas a persoas con discapacidade intelectual: en colaboración coa Asociación de Síndrome de Down “Xuntos” este programa permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades, nas que logo se participa libremente, cada quen en función dos seus intereses e xa sen acompañamento. Persoas interesadas contactar coa asociación: 986 865 538