Select Page

A compañeira Magdalena Hinterholzer e o compañeiro Gabriele Puggioni parten mañá para os seus respectivos países, Austria e Italia. Alá quedan os 12 meses que compartiron con nós en Pontevedra, como voluntarixs do programa europeo Erasmus+  xunto coa súa compañeira Triantafyllia Tsakiri (Filló) de Grecia. 

A súa labor foi magnífica en diversos programas municipais e colaborando con asociacións locais como Vaipolorío, Juan XXIII e Amencer. Somos moitas as persoas que xs botaremos de menos e que estamos inmensamente agradecidxs polo seu bo facer, sempre con  motivación e desexos de mellorar.

En Noites Abertas 2016 tivemos a fortuna de contar con el e con elas no noso equipo de traballo, e tivemos tempo para traballar pero tamén para a diversión. Agardamos que algún día volvan visitarnos porque Pontevedra é xa a súa casa. 

Ata sempre Magda! Ata sempre Gabriele!

IMG_7979

IMG_5707 (Copy)

14432941_10209299956268619_3706584943120581728_n

IMG_5752

IMG_5828

Share