Que tedes que saber de Noites Abertas?

Noites Abertas é un programa de ocio nocturno para os venres e sábados de xaneiro a abril que puxo en marcha o Concello de Pontevedra no ano 1999 e que vai pola súa 20ª edición.

Tivo o seu inicio nunha necesidade de dispoñer dunha oferta gratuíta de ocio educativo e construtivo para a mocidade de Pontevedra. Un espazo alternativo para a diversión e para a aprendizaxe con actividades construtivas, lúdicas e interactivas onde a mocidade pode participar achegándose tanto en grupo como individualmente.

Por outro lado, pretende optimizar instalacións municipais culturais, deportivas e educativas infrautilizadas e destinarlles outros usos en distintos horarios. En definitiva, un espazo para a a participación real da mocidade, onde se lles permitira levar a cabo os seus proxectos, detectar necesidades e demandas, así como amosar as súas habilidades e inquedanzas, servindo de “escaparate” para a xuventude de cara á súa propia comunidade.

Como podemos presentar proxectos de actividades para Noites Abertas?

O voso proxecto debe ter en conta estes datos básicos do programa:

Sesións independentes: as actividades de ocio de Noites Abertas NON SON CURSOS, polo tanto teñen que ser sesións independentes para cada xornada xa que xs participantes poden repetir ou non da sesión anterior. Sesións con contido propio para cada día, que comezan e rematen ese día, e que non esixan ter asistido previamente.

Destinatarias/os: o programa diríxese á mocidade entre os 12 e os 30 anos que se atopa en Pontevedra durante a fin de semana. Cada proxecto de actividade pode especificar máis o intervalo de idade á que se dirixe (maiores de 16, maiores de 18, etc), de non facelo entederemos que se dirixe ao rango xeral 12-30 anos.

Calendario: venres e sábados dende o 25 de xaneiro ao 6 de abril de 2019 (agás 1, 2, 8 e 9 de marzo, Entroido).

Horario: entre o intervalo que vai de 20 e as 00:30h podedes establecer o horario específico para a vosa actividade (duración de 1 hora, 1,5 horas, 2 horas ou máximo e excepcionalmente de 2,5 horas).

Actividades:

  • Teñen que ter un carácter lúdico e ser de interese para a mocidade.
  • Todas as actividades deberán ser inclusivas, non sexistas, lúdicas e participativas, favorecendo as relacións interpersoais e o traballo en grupo.
  • As actividades deberán ter carácter socioeducativo (educación para a igualdade, ambiental, saudable..), sociocultural (promoción da cultura galega, da interculturalidade e diversidade cultural, arte, música, teatro, xogos, gastronomía…) ou físico-deportivo.

Como presentar os nosos proxectos de actividades?

  1. A través do formulario on line, entre  o 15 e o 31 de outubro de 2018.
  2. Ao longo do mes de novembro, a Coordinación de Noites Abertas fará a selección de proxectos e comunicará esta selección ás persoas/entidades responsables de cada proxecto presentado, tanto se son seleccionadas como se non.
  3. De ser admitida a vosa proposta, finalmente priorizaranse aquelas onde o seu monitorado se comprometa a participar na formación en xénero impartida pola Comisión de Igualdade de Noites Abertas. Este compromiso terase en conta tamén para o monitorado que participou nesta formación nos 3 anos anteriores.

Máis información, consultas ou dúbidas:

Coordinación de Noites Abertas
Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra
Casa da Luz, praza da Verdura s/n, 36002 Pontevedra
Tel. 986840367 (horario de mañán)
noitesabertas@pontevedra.gal

Formulario proxectos NNAA2019

Lo siento. Este formulario ya no está disponible.

X