Select Page

Como facernos chegar as túas propostas?

1.- Descarga o Documento información complementaria que fornecemos máis abaixo
2.- Enche a información complementaria (curriculos do monitorado -caso non os ter inserido no formulario web-, recursos materiais e orzamento)
3.- Enche os campos do formulario web que vai a seguir
4.- No final do formulario xunta o documento que completaches no punto 2
5.- Envía os documentos co compromiso do monitorado para participar na formación en xénero (precisamos que nos fagas chegar os documentos coas asinaturas a: Programa Noites Abertas Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra Casa da Luz, praza da Verdura s/n, 36002 Pontevedra. Lembra indicar o nome da atividade)

Nota: se non tes web ou RRSS ara podernos facer chegar un URL coas imaxes podes inserilas no Documento información complementaria.

Se completas todos os pasos poderemos xestionar a túa soicitude para as actividades de Noites Abertas 2018!!

Moitas grazas 😀

Descarga os ficheiros para encher coa información complementaria

Documento en formato .doc

Documento en formato .pdf

Formulario

Asunto

1. Datos da persoa responsable do proxecto:

Vía pola que coñeciches a convocatoria de noites abertas para presentar propostas:

_________________________________________________________________________________________

2. Datos do colectivo ou entidade á que representa (se non é unha proposta individual)

_________________________________________________________________________________________

3. Denominación do proxecto de actividade

_________________________________________________________________________________________

4.Descrición breve da actividade. (Incorporade algunha fotografía ou exemplo gráfico preferentemente ligazóns a web, blog, Redes Sociais. Tamén podes xuntar unha imaxe no ficheiro que xuntes ao final do formulario)

_________________________________________________________________________________________

5. Obxectivos que pretendedes con esta actividade. Para que a facedes?

_________________________________________________________________________________________

6. Destinatarios(as) a quen se dirixe: número de prazas e idades.

Deberedes ter en conta que Noites Abertas está dirixido a mocidade de idades entre os 12 e os 30 anos. Vós tedes que especificar o intervalo de idade ao que dirixiredes a vosa actividade, senón entenderase que se dirixe a todas as idades do programa (12-30 anos). Tamén tedes que definir o número de xente por sesión (15, 20, 25 persoas, etc), co fin de poder definir o nº de prazas que ofertades e o orzamento da actividade (cubrir anexo) polo número de xente máximo que participará en cada sesión.

_________________________________________________________________________________________

7. Metodoloxía: como a realizaremos?

Xeito de desenvolver a actividade. Como a organizaremos, como se impartirá, así como o número de sesións que propoñedes (a coordinación establecerá o número final de sesións en función do orzamento, necesidades, demanda e por coordinación con outras actividades)

_________________________________________________________________________________________

8. Calendario: cando o faremos?

Datas e o horarios nos que desexades desenvolver a actividade tendo en conta o marco xeral do calendario que vos especificamos no anexo 2. Indicade as vosas datas preferentes, así coma os horarios. A coordinación será a encargada de establecer o calendario e horario definitivo en función das necesidades do programa procurando ter en conta as vosas preferencias.

_________________________________________________________________________________________

9. Recursos humanos: quen impartirá a actividade?

Insire aquí os datos e contacto do monitorado que se encargará da actividade: nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Nota: lembra achegar un breve curriculo de todas as presoas que participarán como monitorado da actividade (froito da experiencia laboral, formativa, voluntaria ou dalgunha afección que teña). Podedes xuntalo no documento de anexos. A entregar tamén por monitorado doutras edicións.

_________________________________________________________________________________________

10. Infraestructura. O espazo: onde o faremos?

Noites Abertas desenvolve as actividades nos seguintes espazos. Indicade por orde de preferencia aquelas que mellor se axusten ás características e requisitos organizativos da vosa actividade:

Indicade os requisitos que ten que cumprir a sala como espazo para o desenvolvemento da vosa actividade

NOTA: a Coordinación do programa asignará definitivamente os espazos das actividades en función do interese xeral do programa e das súas necesidades.

_________________________________________________________________________________________

Xunta o ficheiro coa información complementaria


_________________________________________________________________________________________