178 propostas para Noites Abertas 2017

0
134

Rematado o prazo de presentación de propostas, finalmente chegaron á Coordinación do programa Noites Abertas, un total de 178. Destas, 35 proveñen de asociacións e clubes deportivos, 53 son individuais de mozas e mozos, 38 colectivas e 52 proceden de pequenas empresas ou autónomos.

Agora comeza a fase de selección coa que se configurará un calendario de actividades para o 2017. Ao longo do mes de novembro será comunicada a selección final de propostas por parte da Coordinación de Noites Abertas (tanto ás seleccionadas como ás rexeitadas).

Lembrar que Noites Abertas comeza a ultima fin de semana de xaneiro de 2017, todos os venres e sábados ata finais de abril. A programación inclúe actividades gratuitas de ocio alternativo para mozas e mozos de 12 a 30 anos en Pontevedra.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here