1º Curso de Formación de Monitorado de Noites Abertas 2015

1
89

Hoxe tivo lugar o primeiro curso de formación dirixido ao monitorado de Noites Abertas, en colaboración coa Asociación de Síndrome de Down Xuntos, coordinadora do Programa de Acompañamento no Ocio de Noites Abertas a Persoas con Discapacidade Intelectual.

Dezaseis monitores e monitoras de actividades de Noites Abertas participaron voluntariamente nesta formación orientada a mellorar a súa intervención no programa, así como a promover a inclusión social da mocidade con necesidades específicas.

Grazas a todos e a todas polo voso interese, participación e ilusión.

1 comentario

  1. A charla foi moi interesante. Animádevos a asistir a próxima! foi un bo achegamento ao funcionamento do programa de acompañamento no ocio e a Asociación Xuntos respostou a todas as nosas dúbidas. Grazas e ata a próxima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here