Incríbete na actividade “Unha noite no muíño de Cabanas”

0
77

Esta é unha das actividades de Noites Abertas que require inscrición previa mandando un mail a xuventude@pontevedra.eu ou chamando de luns a venres de 9 a 15h á Oficina de Xuventude no 986840367.

Tivemos que pospoñer esta actividade por mor do mal tempo, pero esta fin de semana agardamos levala a cabo con todos e todas vós. O río leva moita auga!!

Pequena ruta guiada pola asociación Vaipolorío que partirá de diante da estación de autobuses de Pontevedra ata o muíño de Cabanas polo sendeiro rural do Gafos (15 minutos). Ao chegar, poremos en marcha o muíño para moer millo. Coñeceremos o seu mecanismo e as partes que o compoñen. E para rematar haberá unha degustación de empanada de millo acompañada de música tradicional.

Destinatarixs: mozos e mozas de 12 a 30 anos (menores de idade deberán inscribirse con algunha persoa adulta).

Data: venres 11 de marzo

Horario: 21 a 23h

10628362_549734678527128_3655626897590809136_n

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here