6ªs Xornadas de manga e anime

0
97

manga

Este ano terán lugar as VI Xornadas de Manga e Anime de Noites Abertas.

A cita será a vindeira fin de semana, 4 e 5 de marzo unha vez máis na Casa Azul

VENRES 4 de marzo – Casa Azul

18:00:00

Presentación

Recepción a participantes

18:15:00

Vilatitanes , Budokai e Party

Xogo de cartas e xogo de mesa adaptado a series de anime. O Budokai é un vídeoxogo de pelexas da serie Dragon Ball.

19:15:00

Obradoiro de programación

Programación informática básica.

19:45:00

Aforcado

Xogo adaptado ao anime.

19:45:00

Parapara

Estilo de baile xaponés

20:15:00

Karaoke

Adaptado a series de anime ou relacionado con Xapón.

21:45:00

Entrega de premios : a gañadorxs de certos concursos.

SÁBADO 5 de marzo – Casa Azul

19:00:00

Tekken VI-tag board

Xogos de pelexas tipo Dragon Ball

19:00:00

Hiragana Katakana

Obradoiro de iniciación á escritura xaponesa

20:00:00

Concurso de debuxo

Concurso de debuxo libre

Trivial

Trivial de series para demostrar quen sabe máis

20:30:00

Pano

Recoñecemento da música de cabeceira das diferentes series

21:30:00

Concurso Cosplay/Performance

Concurso de disfraces e representación de persoaxes de videoxogos, series, etc…

22:45:00

Entrega de premios e fotos grupais

Tamén teremos o longo dos dous días cun photocall para que poidan inmortalizar os seus momentos.

Estes horarios poden estar suxeitos a cambios.

E moitos outros xogos máis nos que poderedes sacar a relucir a vosa paixón polo universo nipón rodeados de xente que comparte as vosas aficións e gañas de pasalo ben.

Esta será a 6ª edición dunha iniciativa que xorde dun grupo de alumnas e alumnos do IES Martín Sarmiento no ano 2011, cando na fase de presentación de propostas de actividades para Noites Abertas, decidiron compartir a súa afección á cultura xaponesa co resto da mocidade de Pontevedra. Naquela primeira ocasión no 2011 xa congregaron no Local de Música a 115 mozos e mozas de idades entre os 12 e 25 anos. E xa na segunda edición, 2012 trasladáronse á Casa Azul para chegar a maior número de xente e xuntaron a 176 mozos e mozas de 12 a 30 anos. No 2013 xa foron 213 as persoas participantes e no 2014 seguiron aumentando ata 257 para chegar ás 358 do ano pasado, converténdose nunha cita xa ineludible das Noites Abertas.

Para a xente entendida na materia e para persoas curiosas emerxentes deste mundo, animámosvos a vir ás 6ªs Xornadas de Manga e Anime! Esperámosvos!

Facebook: https://www.facebook.com/xornadas.manganime Twitter: https://twitter.com/Xornadas_Ponte

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here