Aclaración do monitor de Adestramento Canino ante as críticas xurdidas sobre a actividade

2
103

En resposta ás reaccións por parte dalgunhas persoas cara á actividade de Noites Abertas de “Fundamentos de adestramento canino”, pola recomendación a levar un colar de castigo, véxome na obriga de explicar o malentendido.

O principal obxectivo de Noites Abertas é promover actividades de ocio. No meu caso, despois de levar adestrando oito anos probas I.P.O. cos meus cans nun campo de traballo canino rexistrado na Real Sociedade Canina de España (RSCE), asistir a seminarios de adestradores como son Benno Galonska e Jörg Bungarten, e tendo unha licenza deportiva para cans de utilidade expedida pola RSCE, quixen achegar á xuventude de Pontevedra a miña afección.

E explicado isto aclaro as dúbidas xurdidas ao respecto:

1. Un dos requisitos para as probas I.P.O. é que o can leve un colar de adestramento, máis coñecido polo seu antigo nome “colar de castigo” ao que estas persoas se refiren como colar de elos. É dicir unha confusión de linguaxe.

2. Outra das queixas é que se maltrata o can e non se lle premia. Para isto que falen cos asistentes da anterior edición de Noites Abertas, que lles poderán dicir que iso non é certo. Os animais non foron en ningún momento maltratados e si levaron premio.

Estas actividades realízanse cunha persoa voluntaria de Noites Abertas que supervisa o bo funcionamento destas para que sexan o máis respectuosas posibles e polo tanto paréceme moi grave poñer en dúbida a súa boa fe. E non merecen estes ataques gratuítos sen coñecemento de causa.

Aínda así, animo a estas persoas a asistir á segunda edición desta actividade e que vexan por si mesmas se se maltrata aos animais.

Grazas.

2 COMENTÁRIOS

    • Perdón… No realizó ningún atake gratuito. Si estás reconociendo un fallo en el lenguaje k utilizas, el k da a el mal entendido eres tu no yo. un collar de adiestramiento no es un collar de castigo pero no pasa nada…. Me hacerco el día de la actividad y me presento ( cosa k tu no has hecho, mi nombre aparece y tu aún sigues en el anonimato) y si kieres lo razonados… Un saludo..

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here