CHARLAS INFORMATIVAS NOS IES DE PONTEVEDRA PARA FACILITAR A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS POR PARTE DA XENTE NOVA

0
73

A CONCELLARÍA DE XUVENTUDE LEVARÁ A CABO 14 CHARLAS INFORMATIVAS NOS IES PÚBLICOS DA CIDADE DE PONTEVEDRA PARA OFERTAR Á MOCIDADE A POSIBILIDADE DE PRESENTAR PROXECTOS DE ACTIVIDADES PARA NOITES ABERTAS 2016 E FACER ASÍ Á XUVENTUDE PARTÍCIPE DO DESEÑO DO PROGRAMA

O concelleiro de Xuventude e a coordinación de Noites Abertas desenvolverán charlas informativas nos IES públicos de Pontevedra para informar e animar á mocidade maior de 16 anos, da posibilidade de presentar propostas de actividades que realizar por eles/as mesmos/as dentro do programa Noites Abertas 2016. Ademais, está programada unha charla no Pazo da Cultura para todas as entidades e colectivos xuvenís, culturais e deportivos que desexen coñecer a convocatoria desta nova edición, a XVII.

1ª charla: venres 2 de outubro 11h. Reunión no IES Xunqueira 1 (primeiro grupo)

2ª charla: luns 5 de outubro 19:30h. Reunión xeral NNAA (salón de actos do Pazo da Cultura).

3ª charla:martes 7 de outubro 11:30h. Reunión no IES Martín Sarmiento (primeiro grupo)

4ª charla: mércores 7 de outubro 12:30h. Reunión no IES Sánchez Cantón (primeiro grupo)

5ª charla: mércores 7 de outubro 13h. Reunión no IES Sánchez Cantón (segundo grupo)

6ª charla: mércores 7 de outubro 18:40h. IES Martín Sarmiento (segundo grupo)

7ª charla: xoves 8 de outubro 11:15h. IES Xunqueira 2

8ª charla: xoves 8 de outubro 12:50h. IES Xunqueira 1 (segundo grupo)

9ª charla: venres 9 de outubro 9h. CIFP Carlos Oroza

10ª charla: venres 9 de outubro 11:30h. IES Luis Seoane

11ª charla: mércores 14 de outubro 9:50h. IES Valle Inclán (primeiro grupo)

12ª charla: mércores 14 de outubro 10:40h. IES Valle Inclán (segundo grupo)

13ª charla: venres 16 de outubro 11:45h. IES Torrente Ballester

14ª charla: data por determinar, CiFP A Xunqueira.

Nestas sesións informativas, explicarase o sistema de participación nestas convocatoria aberta á xuventude para o deseño de proxectos. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins de Noites Abertas.

O prazo para a presentación de propostas permanecerá aberto do 5 ata o 30 de outubro. No mes de novembro a coordinación do programa fará a selección das propostas definitivas, para pasar a unha nova fase de programación concreta das actividades seleccionadas, e configurar así o calendario definitivo para comezar o venres 29 de xaneiro de 2016.

O modelo de formularios para deseñar propostas poderá descargarse das webs : www.noitesabertas.gal e www.xuventude.pontevedra.eu ou ben solicitalo na Oficina de Xuventude na Casa Azul, rúa Sor Lucía 2, 3º , 986 840367 xuventude@pontevedra.eu . A atención telefónica será só en horario de mañá, mais poderá concertarse entrevista noutros horarios para axuda e asesoramento no deseño das propostas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here