COMEZAN AS NOITES ABERTAS 2016!!!!

2
93

Esta fin de semana comeza a XVII edición de Noites Abertas. 14 fins de semana, 26 xornadas de actividade, todos os venres e sábados dende o 29 de xaneiro ata o 30 de abril. 132 actividades diferentes e gratuitas. Máis de 300 sesións. 18 espazos de actividade e 175 monitores e monitoras para que te divirtas e compartas con xente da túa idade experiencias moi diversas.

Lembra facer o carné de socix, este ano é necesario para participar nas actividades e con el tamén participarás nos sorteos de bonos de libros, suadoiros, mandís e camisetas coa imaxe de Noites.

Para mozos e mozas de 12 a 30 anos que estedes en Pontevedra na fin de semana.

Vén so, soa ou en compañía! as Noites son para todxs!!!

 

 

 

2 COMENTÁRIOS

    • Por suposto. Os días 12 e 19 de marzo e 2 de abril haberá iniciación ao Graffiti na Casa Azul, e o día 9 de abril pintaranse de forma conxunta a modo de exhibición os muros das pistas de Campolongo.
      Tes toda a programación na sección “calendario” desta mesma web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here