Compromiso coa igualdade das monitoras e monitores de Noites Abertas

0
898

Máis un ano, o monitorado de Noites Abertas participou na formación en xénero da Comisión de Igualdade do programa.

Dende a creación desta Comisión de Igualdade na edición do 2016,  pasaron pola formación en xénero un total de 152 persoas (77 monitoras e 75 monitores). No 2016 realizáronse 3 cursos e participaron 27 persoas, no 2017 foron 6 os cursos e xs participantes ascenderon a 82, mentres que este ano participaron 43 persoas nos 3 cursos convocados.

Nesta formación estivemos reflexionando sobre feminismo, as discriminacións, o ocio na adolescencia, a importancia dos contidos que trasmitimos mediante a música, a linguaxe, as imaxes e o deporte. Intentamos construir, a través do debate e a participación activa, un espazo de ocio libre de desigualdades para a mocidade. 

Ao longo destes anos conseguiuse que a maior parte do monitorado que imparte actividades en Noites Abertas conte con esta formación básica en Igualdade, co fin de mellorar a súa intervención nas actividades de ocio e tempo libre, evitando contidos ou actitudes sexistas dende a reflexión da súa práctica.

Queremos agradecer o compromiso e a magnífica participación do monitorado nesta formación, así como a vosa implicación á hora de aplicala nas actividades que impartides tanto en Noites Abertas como fóra destas,  na vosa asociación, club deportivo ou empresa. Grazas!