NOTA IMPORTANTE DA ORGANIZACIÓN: entrada nas actividades

0
72

Ante algunhas dúbidas e cuestionamento da falta de inscricións en Noites Abertas, dende a organización lembramos:

1. Noites Abertas NON SON CURSOS senón unha oferta de ocio na cidade de Pontevedra durante as fins de semana e como tales, non son actividades con inscrición (agás casos moi excepcionais como rutas e torneos). Tan só 6 actividades de 128 teñen inscrición.

2. Tal e como informamos no apartado COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES na web, folleto e APP: “Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no número de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles”.

3. En Noites Abertas as actividades son totalmente GRATUITAS e ABERTAS A TODA A MOCIDADE que se achegue a Pontevedra na fin de semana (non só á mocidade residente no Concello de Pontevedra), non hai máis requisitos para participar que a idade e loxicamente, cada vez hai máis xente e polo tanto tamén máis oferta de actividades, mais tede en conta que a capacidade dos espazos, do material previsto e do persoal é limitada.

4. Cada fin de semana hai unha media de 25 actividades, e soen facerse tan só 2 ou 3 sorteos de prazas, polo tanto, NON É O MÁIS HABITUAL pero si que pode suceder, e máis probablemente nas primeiras fins de semana e nas actividades máis limitadas de espazo. Por iso ofertamos multitude de actividades na mesma noite, para que se non podes ir a unha, acudas a outra, a oferta de é ampla e variada.

5. En Noites Abertas NON FACEMOS INCRICIÓNS porque entendemos que non teñen sentido, xa que se trata dunha alternativa de ocio e tes que poder entrar se che apetece no momento, sen que sexa requisito  terte inscrito previamente. Tede en conta que non son cursos de formación, senón actividades de lecer, espazos de ocio que se abren á mocidade que queira acudir nese intre e onde suceden varias actividades ao mesmo tempo, se non podes entrar nunha, tes moitas máis e en varios espazos da cidade.

 

Sen máis, animarvos a PARTICIPAR e a SELECCIONAR máis dunha actividade cada vez que acudades a Noites Abertas, porque se non podedes entrar nunha, podedes probar noutra, incluso descubrir cousas novas que non tiñades previstas. E probade tamén máis adiante, procuramos repetir as sesións das actividades máis demandadas.

Ata a vindeira fin de semana!

noites2015

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here