Voltamos en outubro!!!

0
68

Rematado o proceso de avaliación do programa deste ano, colgamos o cartel de pechado ata despois do verán.

Esta edición de Noites Abertas volveu superar á anterior en número de participantes, e xa van tres anos consecutivos, con 6.004 usuari@s. Moitas grazas a tod@s!!!

Destacar tamén que, unha vez máis, @s moz@s entre 12 e 25 anos son unha ampla maioría (88,8%).

A valoración das actividades é moi satisfactoria, destacando varios apartados que son avaliados con ben ou moi ben ,como monitorado (95,6%) e impresión xeral (95,5%).

Unha vez recollidas as suxestións de mellora, xa temos marcadas as liñas de traballo para a vindeira edición.

A partir de outubro abrirase o prazo de presentación de propostas para Noites Abertas 2016.

Mantente informad@ nesta mesma web.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here