Ter un can debe ser unha decisión meditada

0
65

Xa son oito anos os que levo adestrando no campo de traballo CYNOS, e aínda me acordo do primeiro que me contou Xabier: a diferenza que existe á hora de comprar un coche e adoptar* ou comprar un can.

Cando imos comprar un coche, tomamos unha decisión meditada. Buscamos un tipo de vehículo que se adecúe ás nosas necesidades e estilo de vida, informámonos en publicacións especializadas das características e rendemento, preguntamos os nosos coñecidos, imos aos concesionarios e probámolos. E ao final con toda esa información. eliximos o que máis se axusta ás nosas necesidades.

Non obstante, cando alguén vai adoptar ou comprar un can é ao revés. Primeiro adopta/compra e logo todo o demais: (busca información en publicacións especializadas, pregunta a coñecidos, a adestradores, etc). Non se paran a pensar en se ese can é o que mellor se adecúa a eles e ao seu estilo de vida. Consecuencia: culpan o can e non saben atender todas as súas necesidades e moitas veces desemboca no abandono do animal.

Pouca xente se pregunta cousas como:

Que estilo de vida levas? Se es máis ben sedentario, un can moi activo que necesita moito exercicio, non é para ti.

Onde te ves dentro de 10 anos? Debes pensar en que ter un can é unha relación a longo prazo.

Onde vives? Non é o mesmo vivir cun can nun piso que nunha casa.

….

Cales son as vantaxes de adoptar fronte á compra? Cando vas adoptar, en especial se é un can adulto, podes saber mellor cal é o carácter do can e na protectora te informasen de cales son as súas necesidades e se se axusta ao carácter que buscas.

Existen certas reticencias á hora de adoptar cans adultos, e canto máis maiores máis difícil é a súa adopción, pois moita xente pensa “É que é maior e se vai morrer pronto e darame pena. Mellor un cachorro que durará mais “. O certo é que por triste que sexa, os cans novos tamén poden morrer e o importante non é canto tempo dure, se non que o tempo que compartas con el sexa inesquecible e que poida saber o que é ter unha familia que o queira.

Polo tanto, se vas adoptar, antes de decidirte, podes ir durante un tempo aos paseos cos cans que fan os fins de semana as protectoras para coñecelos, e buscar ao que máis se adapte a ti.

*Se entende que cando unha persoa decide adoptar, está algo máis concienciada do problema que supoñen os abandonos en España e que decide facer unha adopción responsable. Non obstante non sempre é así e existen casos de devolución de adopcións ás protectoras.

Víctor Rodríguez

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here