Aviso Legal

O presente aviso legal (en diante, o “aviso legal”) regula o uso do servizo do sitio de Internet que responde ao dominios https://noitesabertas.gal  (en diante, o “Web”) do Concello de Pontevedra con domicilio na praza de España, s/n, de Pontevedra, e co CIF P3603800H

Lexislación

Con carácter xeral as relacións entre o Concello de Pontevedra cos usuarios e coas usuarias dos seus servizos telemáticos, presentes no web, encóntranse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.

As partes renuncian expresamente ao foro que lles puider corresponder e sométense expresamente aos xulgados e Tribunais de Pontevedra para resolver calquera controversia que poida xurdir na interpretación ou execución das presentes condicións contractuais.

Contido e uso

O/A usuario/a queda informado/a, e acepta, que o acceso a este web non supón, de ningún modo, o inicio dunha relación comercial co Concello de Pontevedra.

O titular do web non se identifica coas opinións vertidas neste polos seus colaboradores. O Concello de Pontevedra resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu Web, poderá cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través del como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade do Concello de Pontevedra ou de terceiros que autorizaron o seu uso e, por tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos das súas páxinas web nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito do Concello de Pontevedra. Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos nas páxinas web do Concello de Pontevedra son propiedade dos seus donos e están protexidos por lei.

Ligazóns (links)

A presenza de ligazóns (links) nas páxinas web do Concello de Pontevedra ten finalidade soamente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre eles

X